O alumnado de 1º ciclo e algún do 2º ciclo participamos nun Obradoiro de creación de plastilina. FACILÍSIMO! Para obter unha bola de plasti só nos fixo falta:
- un pouco de fariña
- un pouco de auga con colorante alimenticio
- un chorriño de aceite
E logo é moi importante, cando non vaiamos a usar a plasti, gardala sempre envolta en papel de aluminio.
jueves, 21 de noviembre de 2013
martes, 12 de noviembre de 2013
ALAZÁN
Este curso temos como actividade mensual unha visita a ALAZÁN, o clube hípico de Mos. Alí facemos unha sesión de EQUINOTERAPIA. Mirade que fotos tan chulas sacamos:
viernes, 25 de octubre de 2013
PRESENTACIÓN 1º CICLO
Este curso contamos no 1º ciclo con 14 alumnos e alumnas. En 1ºA coa profe María Fragueiro están Mateo e Bruno. En 1ºB coa profe Ginesa, están Mauro, Adriana, Lucas e Daniel. En 1ºC coa profe Marta, están Lucía, Jesús, David, Fran, Rubén e Andrés. En 1º D coa profe Cristina (substituta de Zaida) están Adrián e Mario. Aquí tendes unha mostra do que estamos traballando.
viernes, 21 de junio de 2013
jueves, 20 de junio de 2013
CUMPLES DO VERÁN
Para que ninguén quede sen celebrar o seu cumple, nesta última semana celebramos todos os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen anos en xuño, xullo e agosto. Aquí está a nosa montaxe do 1º ciclo:
jueves, 13 de junio de 2013
ALAZÁN - CABALOS
Esta semana fomos de visita a ALAZÁN, a escola hípica de San Cosme e todos probamos a sensación de montar nun cabalo. A algún dábanos un pouco de medo ao principio pero deseguida nos relaxamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


