sábado, 27 de abril de 2013

MUNDO PIRATA PARK

O pasado luns estivemos de excursión no Mundo Pirata Park e divertímonos moitísimo. Só hai que mirar estas fotos para comprobalo:


domingo, 21 de abril de 2013

PROFE VANE!!

    A semana pasada despedímonos da profe Vane que estivo uns días con nós traballando moitísimo. Aquí temos unhas fotos de recordo. Pasámolo moi ben contigo Vane, e esperamos verte pronto.
    Nas fotos saen imaxes dun traballo cooperativo. Entre todos intentamos construir un puzzle moi grande no que tiñamos que poñer cada imaxe co seu nome.

1ºA NA AULA MULTISENSORIAL

OS ALUMNOS DE 1º A (MATEO, ALEX E BRUNO) SEGUEN A PASALO PIPA NA AULA MULTISENSORIAL. PASAMOS A PELOTA, FACEMOS MASAXES, CÓXEGAS, TOCAMOS DIFERENTES TEXTURAS, ABRAZÁMONOS Á ALMOFADA VIBRATORIA, ESCOITAMOS MÚSICA RELAXANTE E DISFRUTAMOS DUNHA ESENCIA DE MELÓN E DAS LUCES DE CORES QUE XIRAN AO NOSO ARREDOR.

ANIVERSARIO DE ANDRÉ


sábado, 13 de abril de 2013

TARTA DE CUMPLE

AQUÍ TEMOS AO ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO OUTRA VEZ DE COCIÑEIROS. TODOS OS MESES AO FINAL DE MES FAN UNHA TARTA DE GALLETA E CHOCOLATE COMO A QUE IDES A VER. ESTA FOI PARA CELEBRAR O CUMPLE DO NOSO COMPAÑEIRO ANDRÉ.